Contidos
Contidos
transversais Bloque 1.
B1.1. Textos filosóficos
e pertencentes a outras ramas do saber relacionados coas temáticas filosóficas
estudadas.
B1.2. Composición
escrita de argumentos de reflexión filosófica e de discursos orais, mane-xando
as regras básicas da retórica e a argu-mentación
B1.3. Seleccionar e
sistematizar información obtida de distintas fontes.
B1.4. Analizar e argumentar sobre formulacións
filosóficas, elaborando de xeito colaborativo esquemas, mapas conceptuais,
táboas crono- lóxicas e outros procedementos útiles, median- te o uso de medios
e plataformas dixitais.
Contidos
TEMA 1: O SABER FILOSÓFICO
B2.1. A Filosofía. O seu sentido, a súa necesidade e a súa
historia.
B2.2. O saber racional. A explicación pre-racional: mito e
maxia. A explicación racional: a razón e os sentidos.
B2.3. Funcións e vixencia da Filosofía.
B2.4. As disciplinas teórico-prácticas do saber filosófico.
B2.5. Racionalidade teórica e práctica.
B2.6. O saber filosófico a través da súa historia.
Características da Filosofía.
TEMA 2: O LÍMITES DO COÑECEMENTO
B.3.1.A teoría do coñecemento.
B3.2. Graos e ferramentas do coñecer: razón, entendemento,
sensibilidade.
B.3.3. A abstracción.
B.3.4. Os problemas implicados no coñecer: as súas
posibilidades, os seus límites, os intereses, o irracional.
B.3.5. O problema filosófico do coñecemento.
B.3.6. A verdade como propiedade das cousas. A verdade como
propiedade do entendemento: coherencia e adecuación.
B.3.7. Algúns modelos filosóficos de explicación do
coñecemento e o acceso á verdade.
TEMA 3: CIENCIA E MÉTODO CIENTÍFICO
B.3.8. Filosofía, ciencia e tecnoloxía. A filosofía da ciencia.
B.3.9. Obxectivos e instrumentos da ciencia.
B.3.10. O método hipotético-dedutivo.
B.3.11. A investigación científica na modernidade e na época
contemporánea: das matemáticas e a técnica como ferramentas de coñecemento e
interpretación fundamentais.á reformulación dos conceptos clásicos.
B.3.12. Técnica e Tecnoloxía: saber e praxe
B.3.13. Reflexións filosóficas sobre o desenvolvemento
científico e tecnolóxico: o problema da indución
B.3.14. A visión aristotélica do quefacer científico.
B.3.15. A interrelación entre a filosofía e a ciencia.
TEMA 4: A REALIDADE E AS COSMOVISIÓNS CIENTÍFICAS
B4.1. A metafísica como explicación teórica da realidade.
B4.2. A pregunta polo ser como punto de partida da Filosofía.
Platón vs. Aristóteles.
B4.3. A interrogación metafísica sobre a verdadeira
realidade: o problema da aparencia e a realidade.
B4.4. A pregunta pola orixe e estrutura do real.
B4.5. A caracterización da realidade: o cambio ou a
permanencia, o substancialismo estático fronte o devir. Esencialismo e
existencialismo.
B4.6. A necesidade de categorizar racionalmente o real.
B4.7. As cosmovisións científicas sobre o universo. A
filosofía da Natureza como admiración filosófica pola Natureza.
B4.8. O paradigma cualitativo organicista: O universo
aristotélico.
B4.9. O Universo máquina: a visión mecanicista na
Modernidade. Supostos epistemolóxicos do modelo heliocéntrico: A busca das leis
universais dun Universo infinito. Determinismo, regularidade, conservación,
economía e continuidade.
B4.10. A visión contemporánea do Universo.
B4.11. O reencontro da Filosofía e a Física na Teoría do
Caos.
TEMA 5: A DEFINICIÓN DO SER HUMANO. ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA.
A VISIÓN DO SER HUMANO AO LONGO DA HISTORIA E O SENTIDO DA EXISTENCIA HUMANA
B5.1. A reflexión filosófica sobre o ser humano e o sentido
da existencia: A antropoloxía filosófica.
B5.2. As implicacións filosóficas da evolución. Filosofía e
Bioloxía.
B5.3. A dialéctica natureza-cultura no proceso de
antropoxénese e de construción da identidade propia humana.
B5.4. A visión grega: o heroe homérico: concepto socrático;
dualismo platónico, o animal racional e político aristotélico, materialismo e
individualismo helenista.
B5.5. O pensamento medieval: creación á imaxe divina, nova
concepción do corpo e a alma, da morte, da liberdade.
B5.6. O Renacemento: antropocentrismo e humanismo.
B5.7. A Modernidade e o século XIX: razón, emocións e
liberdade.
B5.8. O ser humano na filosofía contemporánea.
B5.9. As visións filosóficas orientais: budismo, taoísmo e
hinduísmo.
B5.10. Algunhas claves sobre o sentido da existencia humana.
B5.11. A cuestión do sentido, a esencia e a existencia, o eu,
a liberdade, a morte, o destino, o azar, a Historia, a necesidade de
transcendencia.
B5.12. A reflexión filosófica sobre o corpo.
B5.13. As distintas teorías filosóficas sobre a relación
mente-corpo
TEMA 6. A ÉTICA
B2.5. Racionalidade teórica e práctica.
B6.1. A orixe da Ética occidental: Sócrates vs. Sofistas.
B6.2. A Ética como reflexión sobre a acción moral: carácter,
conciencia e madureza moral.
B6.3. Principais teorías sobre a moral humana.
B6.4. A busca da felicidade.
B6.5. A boa vontade: Kant.
B6.6. A xustiza como virtude ético-política.
B6.7. Relativismo e universalismo moral.
TEMA 7: A POLÍTICA.
B6.8. Os fundamentos filosóficos do Estado.
B6.9. Principais interrogantes da Filosofía Política.
B6.10. A Xustiza segundo Platón.
B6.11. O convencionalismo nos Sofistas.
B6.12. O realismo político: Maquiavelo.
B6.13. O contractualismo: Hobbes, Locke, Rousseau e
Montesquieu.
B6.14. A paz perpetua de Kant
B6.15. Os fundamentos filosóficos do capitalismo no s.XIX.
John Stuart Mill. Alienación e ideoloxía segundo Marx.
B6.16. A disputa política entre Popper e a Escola de
Frankfurt.
B6.17. A función do pensamento utópico
B6.18. Legalidade e lexitimidade.
TEMA 8: A CAPACIDADE SIMBÓLICA DO SER HUMANO: ARTE E
CREATIVIDADE
B6.19. A capacidade simbólica, E. Cassirer.
B6.20. A creatividade, H. Poincaré.
B6.21. A Estética filosófica, función e características.
B6.22. A arte como instrumento de comprensión e expresión
simbólica da realidade.
B6.23. A Estética filosófica e a capacidade simbólica do ser
humano. A realidade dende a arte, a literatura e a música.
B6.24. As relación da arte coa ética, o coñecemento e a
técnica.
B6.25. O sentimento, a experiencia e o xuízo estético. A
beleza. Creación artística e sociedade. Abstracción artística e pensamento
metafísico. A arte como xusti-ficación ou como crítica da realidade.
B6.26. A Filosofía e a arte. Filosofía e literatura. A
Filosofía e a música.
TEMA 9: REGRAS DA ARGUMENTACIÓN: LÓXICA SIMBÓLICA E RETÓRICA
DO DISCURSO.
B6.27. Retórica, argumentación e lóxica: a comunicación dende
a filosofía.
B6.28. A importancia da comunicación e a súa relación coa
linguaxe, a verdade e a realidade.
B6.29. A lóxica proposicional.
B6.30. A Retórica e a composición do discurso
B6.31. A argumentación: regras e ferramentas do diálogo e a
demostración de argumentos.
B6.32. Filosofía da linguaxe: o problema filosófico dos
conceptos universais e o erro argumentativo da xeneralización apresurada.
TEMA 10: FILOSOFÍA E EMPRESA.
B6.33. A filosofía e a empresa como proxecto racional.
B6.34. O modo metafísico de preguntar para deseñar un
proxecto vital e de empresa.
B6.35. Os procesos de cuestionamento e a importancia da
definición de obxectivos
B6.36. Proceso de análise racional do conxunto dun sistema,
dos elementos que o integran e da orde racional que subxace á estrutura lóxica
dun proxecto, vital e empresarial.
B6.37. Importancia do diálogo e da defensa argumentativa de
proxectos, fins e medios.
B6.38. Deseño dun proxecto vital e laboral. Papel da Estética
no desenvolvemento do pensamento creativo e innovador.
B6.39. Importancia da ética para establecer o sistema de
valores no traballo.
B6.40. Razón crítica en tanto que reguladora da acción humana
FILOSOFIA LOMCE
Introdución e contextualización: (Decreto 86/2015, do 25 de xuño)
En
liña coa Recomendación 2006/962/EC, do 18 de decembro de 2006, do
Parlamento Europeo e do Consello, sobre as competencias clave para
a aprendizaxe permanente, neste novo decreto (Decreto
86/2015, do 25 de xuño)
incorpórase
a clasificación
e denominación das definidas pola Unión
Europea. Considérase
que "as competencias clave son aquelas que todas as persoas
precisan para a súa realización e o
seu desenvolvemento persoal, así
como para a cidadanía activa, a inclusión
social e o emprego".
Este decreto baséase na potenciación
da aprendizaxe por
competencias, integradas nos elementos curriculares para propiciar unha renovación
na práctica docente e no proceso de ensino e aprendizaxe. Propóñense novos enfoques
na aprendizaxe e na avaliación, que van supor un
importante cambio nas tare-
fas que teñen que resolver os
alumnos e as alumnas, e
propostas metodolóxi- cas innovadoras. Unha competencia supón a combinación
de habilidades prác-
ticas, coñecementos, motivación, valores éticos,
actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan
conxuntamente para lograr unha acción eficaz.
Xa que logo, as competencias considéranse como
coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido
a través da partici-
pación activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto
no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos non formais
e informais; conceptualízanse como
"un saber facer" que
se aplica a unha diversidade de contextos educativos,
sociais e profesionais.
A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de
ensino e aprendizaxe
competencial débese abordar desde todas
as materias de coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman a comunidade educativa, tanto
nos ámbitos formais
como
nos non formais e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren nun determinado momento e permanecen inalterables,
senón que implican un proceso
de desenvolvemento mediante o cal os individuos
van adquirindo maiores niveis
de desempeño no seu uso.
Para lograr este proceso
de cambio curricular cómpre favorecer unha
visión interdisciplinar e, de
xeito especial, posibilitarlle
unha maior autonomía á función docente, de
forma que permita satisfacer as demandas dunha maior personalización da educación. O papel do persoal docente é fundamental,
pois debe ser quen de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que
os contidos están subordinados á acción.
As concrecións curriculares para os distintos bloques de materias, recollidas
nos anexos,constrúense a partir dos
criterios de avaliación, ligándoos
cos demais compoñentes de
cada materia. Os criterios de
avaliación relaciónanse directamente
cos estándares de aprendizaxe, que
non son máis que concrecións dos
propios criterios, e
eses estándares conéctanse coas competencias clave. Por outra banda, os criterios
de avaliación describen o que se
pretende lograr en cada disciplina, e, neste sentido, os contidos non son máis
que os medios para os alcanzar.
En cada materia, os contidos agrúpanse en bloques, o que non supón unha secuencia nin implica unha organización pechada; pola
contra, permite organizar de diferentes formas os elementos
curriculares e adoptar a metodoloxíamáis
adecuada ás características das aprendizaxes e do
grupo de alumnos e alumnas a quen van dirixidos.
As competencias
clave están ligadas a un desempeño eficaz nun contexto de-
terminado. As situacións de aprendizaxe
deseñadas para
o seu desenvolve- mento deberán
incorporar tarefas que contextualicen as aprendizaxes e que permitan avanzar en máis
dunha competencia ao mesmo tempo. O enfoque metodolóxico deberá sustentarse nas referidas
situacións de aprendizaxe, coa
finalidade de que os contidos se convertan
en coñecementos aplicables con
eficacia. Neste deseño é responsabilidade do centro docente e do profesorado
a adecuada selección da metodoloxía, que deberá ser variada e
adecuada ás características
e aos ritmos de aprendizaxe dos alumnos e das alumnas.
As actividades
de aprendizaxe integradas poden incluír elementos
curriculares procedentes de distintos bloques. Á súa vez, estes elementos
poderán formar
parte de diferentes actividades e, co
obxecto de mellorar os resultados, esas actividades poderán
ter carácter interdisciplinar.
O feito de tratar simultaneamente, nunha mesma actividade, contidos de blo- ques distintos e, mesmo, de materias diferentes, halle permitir ao profesorado determinar a conveniencia
de avaliar a totalidade ou só unha parte das compe- tencias clave relacionadas con
cada estándar de aprendizaxe. Correspondera- lle
ao centro docente velar por un tratamento equilibrado
das competencias clave nas programacións didácticas.
A posta en práctica desta recomendación deu lugar á aprobación polo Ministe- rio de Educación, Cultura e Deporte da Orde ECD/65/2015,
do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato.
O bacharelato ten como finalidade
proporcionarlle ao alumnado formación, madureza intelectual e humana,
coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse
á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o
alumnado para acceder á educación superior. (Artigo 25. Finalidade)
A UNESCO considera que a materia
de Filosofía, o saber máis antigo de Europa, é a ferramenta adecuada que debe
servir a este fin. A filosofía forma unha cidadanía reflexiva, lúcida,
participativa, amante das institucións democráticas e con habilidades prácticas
na resolución dos problemas específicos das so-ciedades democráticas avanzadas.
A materia de Filosofía capacita o
alumnado para o exercicio do pensamento crítico e independente, co que alcanzar
unha mellor comprensión do mundo globalizado e de si mesmo/a. Grazas a esta
materia, os alumnos e as alumas adquiren a aptitude de entretecer unha defensa
racional e razoable da súa autonomía, da súa dignidade e dos seus dereitos nun
contexto en vías de globalización.
O pensamento filosófico achega os
coñecementos teóricos e as destrezas prácticas para entender, analizar e propor
solucións aos desafíos intelectuais e morais do século XXI. Asemade, a materia de Filosofía ofrece os
fundamentos conceptuais dos principios e dos valores da paz e da seguridade
mundiais: democracia, imperio da lei, dereitos humanos, tolerancia, xustiza,
igualdade e liberdade (a UNESCO nomea a Filosofía como "Escola
de liberdade" na súa estratexia internacional e no informe de
2007).
Os métodos filosófi-cos achegan enfoques plurais e contrastados que permiten
albiscar saídas aos problemas que afectan a convivencia humana. A aprendizaxe
do tratamento racional e dialogado destes asuntos disipa o recurso á violencia
e á guerra, e fomenta a paz e a seguridade global e local.
En segundo lugar, a materia de Filosofía
impulsa no alumnado o valor da indagación e a reflexión argumentada para
descubrir prexuízos, xerar claridade respecto aos obxectivos e ao sentido da
vida, valorar a calidade dos argumentos, detectar sofismas e falacias, resistir
a presión arbitraria dos/das superiores e dos/das pares, atopar puntos de
encontro entre posicións diferentes, humanizar as persoas con quen estamos
obrigados/as a convivir. É por iso que o tratamento na aula desta materia ten
que facer reflexionar ao alumnado sobre as razóns da presenza maioritariamente
masculina na produción filosófica desde as súas orixes, ao tempo que debe dar
visibilidade ao pensamento filosófico na muller.
A materia de Filosofía
axuda a desmontar os argumentos das condutas baseadas nos valores da dominación
e a vontade de poder que provocan crises ecolóxicas, económicas e humanas. A
meditación filosófica esperta no alumnado o interese polas demais persoas,
estimula a empatía para imaxinar os problemas que lles afectan e crea a
capacidade para se emocionar moralmente. Mercé ao autocoñecemento que promove a
filosofía, o alumnado pode chegar a recoñecer que a fraxilidade, a debilidade e
a mortalidade non son aspectos negativos e odiosos da existencia humana, senón
ocasións para a axu-da mutua, a cooperación e a reciprocidade.
En cuarto lugar, grazas
aos modelos diversos de pensamento filosófico, a materia de Filosofía estimula
a deliberación sosegada sobre as decisións que rexen a vida cotiá individual e
colectiva, e impulsa a tomar iniciativas razoables. Nunha sociedade democrática
avanzada, o alumnado debe formarse para aplicar o pensamento crítico á análise
de principios económicos e políticos, sopesar teorías sobre a liberdade e a
xustiza social, recoñecer a interacción dos fenómenos naturais e sociais,
avaliar o impacto ético e social da tecnociencia e gozar con autonomía dos
produtos artísticos. A materia de Filosofía propor-ciona a visión e a
comprensión holística necesaria para realizar estas tarefas. O alumnado educado
filosoficamente é, daquela, activo, curioso, argumentati-vo, creativo,
comprometido e innovador.
Como se ve, a Filosofía
como materia potencia o desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, por
estar estreitamente vinculadas coa finalidade última de todo o seu proxecto.
Pero nesa consecución precisa acudir á competencia en comunicación lingüística,
que lle permite ao alumnado tanto a expo-sición dun pensamento rigoroso e claro
como o diálogo frutífero coas demais persoas.
A competencia de
aprender a aprender maniféstase na obriga intrín-seca do facer filosófico de
xerar marcos de sentido cada vez máis complexos, globais e enriquecedores que
nos permitan tratar cunha realidade plástica, multifacética e omniabarcante,
realidade que provoca en nós a moi humana sensación de admiración. E nesa
sensación, a Filosofía non está soa, xa que a matemática e a ciencia se nutren
da mesma fonte, e a competencia neses saberes cobra máis luz cando se examinan
desde o saber que na orixe foi un con eles. Pero non chega a admiración. Con
ela aparece a curiosidade que só se satisfai cando polo sentido de iniciativa e
o espírito emprendedor nos anima-mos á acción, á creación e á innovación.
O mesmo saber require
atrevemento, ousadía, iniciativa, como nos lembra Kant. A competencia dixital
capacita os alumnos e as alumnas para o uso das novas tecnoloxías que serven
para traballar coa materia mesma da razón, o sentido, que se presenta baixo as
dúas facetas da información e a comunicación. O percorrido da filosofía polos
seus temas e pola súa historia brinda acceso, ao cabo, a un panorama de
teorías, pensadores/as, correntes, ideas, argumentos, críticas e preguntas que
conforman a trama onde se viñeron tecendo as expresións culturais que nos fan
ser o que somos.
Tamén se abordan no
currículo de Filosofía varios dos elementos transversais de etapa, os que
atinxen basicamente ao espírito emprendedor e ao estudo dos proxectos
empresariais, e á influencia que poden ter neles as achegas das ramas da
filosofía.
Na materia de
Filosofía, todas estas esixencias están aglutinadas en varios bloques
temáticos: a especificidade do saber filosófico, o coñecemento humano, a
pregunta pola realidade, a condición humana e a racionalidade práctica. A
través destes bloques o alumnado coñecerá os interrogantes, os conceptos, as
formulacións e as respostas da filosofía aos grandes problemas do saber, o coñecemento,
a ciencia, a realidade, a natureza, o ser humano, a acción, a arte, o discurso
e a innovación. Os contidos relacionados coa epistemoloxía, a filosofía da
ciencia e da natureza, e a metafísica permiten afondar no coñecemen-to que o
alumnado ten do seu contorno e da súa relación con el.
O alumnado desenvolve a
competencia para interpretar sucesos, avaliar o seu impacto, localizar as súas
causas, anticipar e prever as consecuencias, analizar os factores capaces de
transformar a realidade. Así mesmo, invitan o alumnado a exercer o pensamento
metódico (na ciencia, na ontoloxía e na metafísica) con rigor e precisión. Os
contidos de antropoloxía, ética e filosofía política dan luz sobre a realidade
individual, social e cultural; estimulan a autocomprensión e o autocoñecemento,
espertan a capacidade de argumentación moral e política, desenvolven a
conciencia normativa e a empatía moral, fomentan o respecto polos dereitos
humanos, invitan á participación activa na vida democrática.
Os contidos de
filosofía da linguaxe, lóxica, retórica e argumentación serven para educar a
interpretación, a expresión, a formulación e a exposición do propio pensamento
e do alleo en contextos comunicativos variados (deliberación, negociación,
investigación, diálogo, controversia, discusión crítica e conversa informal),
empregando con eficacia o razoamento lóxico e respectando as máximas que rexen
a conduta racional comunicativa.
Os contidos de estética
proxectan o alumnado a comprender, apreciar e valorar con espírito crítico
reflexivo, actitude aberta e respectuosa, as diferentes manifestacións
culturais e artísticas. A finalidade é apropiarse criticamente dun conxunto de
criterios estéticos para estimar o valor da produción cultural e artística e,
chegado o caso, producir obras artísticas innovadoras con contido filosófico.
Tanto estes
contidos curriculares coma o tratamento das competencias clave e dos elementos
transversais invitan o profesorado da materia a emprender unha renovación
metodolóxica na que os alumnos e as alumnas sexan quen de ocupar o papel activo
fundamental que lles corresponde nos procesos de ensino e aprendizaxe: o de
persoas autónomas e críticas, sociais e racionais, creativas e prudentes, donas
de si e respectuosas coas demais persoas, sa-bias e felices. O tipo de persoa
que a mellor filosofía nos presenta, desde sempre, como ideal humano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)