Contidos

Contidos transversais Bloque 1.
B1.1. Textos filosóficos e pertencentes a outras ramas do saber relacionados coas temáticas filosóficas estudadas.
B1.2. Composición escrita de argumentos de reflexión filosófica e de discursos orais, mane-xando as regras básicas da retórica e a argu-mentación
B1.3. Seleccionar e sistematizar información obtida de distintas fontes.
B1.4. Analizar e argumentar sobre formulacións filosóficas, elaborando de xeito colaborativo esquemas, mapas conceptuais, táboas crono- lóxicas e outros procedementos útiles, median- te o uso de medios e plataformas dixitais.

Contidos

TEMA 1: O SABER FILOSÓFICO
B2.1. A Filosofía. O seu sentido, a súa necesidade e a súa historia.
B2.2. O saber racional. A explicación pre-racional: mito e maxia. A explicación racional: a razón e os sentidos.
B2.3. Funcións e vixencia da Filosofía.
B2.4. As disciplinas teórico-prácticas do saber filosófico.
B2.5. Racionalidade teórica e práctica.
B2.6. O saber filosófico a través da súa historia. Características da Filosofía.
TEMA 2: O LÍMITES DO COÑECEMENTO
B.3.1.A teoría do coñecemento.
B3.2. Graos e ferramentas do coñecer: razón, entendemento, sensibilidade.
B.3.3. A abstracción.
B.3.4. Os problemas implicados no coñecer: as súas posibilidades, os seus límites, os intereses, o irracional.
B.3.5. O problema filosófico do coñecemento.
B.3.6. A verdade como propiedade das cousas. A verdade como propiedade do entendemento: coherencia e adecuación.
B.3.7. Algúns modelos filosóficos de explicación do coñecemento e o acceso á verdade.
TEMA 3: CIENCIA E MÉTODO CIENTÍFICO
B.3.8. Filosofía, ciencia e tecnoloxía. A filosofía da ciencia.
B.3.9. Obxectivos e instrumentos da ciencia.
B.3.10. O método hipotético-dedutivo.
B.3.11. A investigación científica na modernidade e na época contemporánea: das matemáticas e a técnica como ferramentas de coñecemento e interpretación fundamentais.á reformulación dos conceptos clásicos.
B.3.12. Técnica e Tecnoloxía: saber e praxe
B.3.13. Reflexións filosóficas sobre o desenvolvemento científico e tecnolóxico: o problema da indución
B.3.14. A visión aristotélica do quefacer científico.
B.3.15. A interrelación entre a filosofía e a ciencia.
TEMA 4: A REALIDADE E AS COSMOVISIÓNS CIENTÍFICAS
B4.1. A metafísica como explicación teórica da realidade.
B4.2. A pregunta polo ser como punto de partida da Filosofía. Platón vs. Aristóteles.
B4.3. A interrogación metafísica sobre a verdadeira realidade: o problema da aparencia e a realidade.
B4.4. A pregunta pola orixe e estrutura do real.
B4.5. A caracterización da realidade: o cambio ou a permanencia, o substancialismo estático fronte o devir. Esencialismo e existencialismo.
B4.6. A necesidade de categorizar racionalmente o real.
B4.7. As cosmovisións científicas sobre o universo. A filosofía da Natureza como admiración filosófica pola Natureza.
B4.8. O paradigma cualitativo organicista: O universo aristotélico.
B4.9. O Universo máquina: a visión mecanicista na Modernidade. Supostos epistemolóxicos do modelo heliocéntrico: A busca das leis universais dun Universo infinito. Determinismo, regularidade, conservación, economía e continuidade.
B4.10. A visión contemporánea do Universo.
B4.11. O reencontro da Filosofía e a Física na Teoría do Caos.
TEMA 5: A DEFINICIÓN DO SER HUMANO. ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA. A VISIÓN DO SER HUMANO AO LONGO DA HISTORIA E O SENTIDO DA EXISTENCIA HUMANA
B5.1. A reflexión filosófica sobre o ser humano e o sentido da existencia: A antropoloxía filosófica.
B5.2. As implicacións filosóficas da evolución. Filosofía e Bioloxía.
B5.3. A dialéctica natureza-cultura no proceso de antropoxénese e de construción da identidade propia humana.
B5.4. A visión grega: o heroe homérico: concepto socrático; dualismo platónico, o animal racional e político aristotélico, materialismo e individualismo helenista.
B5.5. O pensamento medieval: creación á imaxe divina, nova concepción do corpo e a alma, da morte, da liberdade.
B5.6. O Renacemento: antropocentrismo e humanismo.
B5.7. A Modernidade e o século XIX: razón, emocións e liberdade.
B5.8. O ser humano na filosofía contemporánea.
B5.9. As visións filosóficas orientais: budismo, taoísmo e hinduísmo.
B5.10. Algunhas claves sobre o sentido da existencia humana.
B5.11. A cuestión do sentido, a esencia e a existencia, o eu, a liberdade, a morte, o destino, o azar, a Historia, a necesidade de transcendencia.
B5.12. A reflexión filosófica sobre o corpo.
B5.13. As distintas teorías filosóficas sobre a relación mente-corpo
TEMA 6. A ÉTICA
B2.5. Racionalidade teórica e práctica.
B6.1. A orixe da Ética occidental: Sócrates vs. Sofistas.
B6.2. A Ética como reflexión sobre a acción moral: carácter, conciencia e madureza moral.
B6.3. Principais teorías sobre a moral humana.
B6.4. A busca da felicidade.
B6.5. A boa vontade: Kant.
B6.6. A xustiza como virtude ético-política.
B6.7. Relativismo e universalismo moral.
TEMA 7: A POLÍTICA.
B6.8. Os fundamentos filosóficos do Estado.
B6.9. Principais interrogantes da Filosofía Política.
B6.10. A Xustiza segundo Platón.
B6.11. O convencionalismo nos Sofistas.
B6.12. O realismo político: Maquiavelo.
B6.13. O contractualismo: Hobbes, Locke, Rousseau e Montesquieu.
B6.14. A paz perpetua de Kant
B6.15. Os fundamentos filosóficos do capitalismo no s.XIX. John Stuart Mill. Alienación e ideoloxía segundo Marx.
B6.16. A disputa política entre Popper e a Escola de Frankfurt.
B6.17. A función do pensamento utópico
B6.18. Legalidade e lexitimidade.
TEMA 8: A CAPACIDADE SIMBÓLICA DO SER HUMANO: ARTE E CREATIVIDADE
B6.19. A capacidade simbólica, E. Cassirer.
B6.20. A creatividade, H. Poincaré.
B6.21. A Estética filosófica, función e características.
B6.22. A arte como instrumento de comprensión e expresión simbólica da realidade.
B6.23. A Estética filosófica e a capacidade simbólica do ser humano. A realidade dende a arte, a literatura e a música.
B6.24. As relación da arte coa ética, o coñecemento e a técnica.
B6.25. O sentimento, a experiencia e o xuízo estético. A beleza. Creación artística e sociedade. Abstracción artística e pensamento metafísico. A arte como xusti-ficación ou como crítica da realidade.
B6.26. A Filosofía e a arte. Filosofía e literatura. A Filosofía e a música.
TEMA 9: REGRAS DA ARGUMENTACIÓN: LÓXICA SIMBÓLICA E RETÓRICA DO DISCURSO.
B6.27. Retórica, argumentación e lóxica: a comunicación dende a filosofía.
B6.28. A importancia da comunicación e a súa relación coa linguaxe, a verdade e a realidade.
B6.29. A lóxica proposicional.
B6.30. A Retórica e a composición do discurso
B6.31. A argumentación: regras e ferramentas do diálogo e a demostración de argumentos.
B6.32. Filosofía da linguaxe: o problema filosófico dos conceptos universais e o erro argumentativo da xeneralización apresurada.
TEMA 10: FILOSOFÍA E EMPRESA.
B6.33. A filosofía e a empresa como proxecto racional.
B6.34. O modo metafísico de preguntar para deseñar un proxecto vital e de empresa.
B6.35. Os procesos de cuestionamento e a importancia da definición de obxectivos
B6.36. Proceso de análise racional do conxunto dun sistema, dos elementos que o integran e da orde racional que subxace á estrutura lóxica dun proxecto, vital e empresarial.
B6.37. Importancia do diálogo e da defensa argumentativa de proxectos, fins e medios.
B6.38. Deseño dun proxecto vital e laboral. Papel da Estética no desenvolvemento do pensamento creativo e innovador.
B6.39. Importancia da ética para establecer o sistema de valores no traballo.
B6.40. Razón crítica en tanto que reguladora da acción humana

FILOSOFIA LOMCE



Introdución e contextualización: (Decreto 86/2015, do 25 de xuño)

En liña coa Recomendación 2006/962/EC, do 18 de decembro de 2006, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente, neste novo decreto (Decreto 86/2015, do 25 de xuño) incorpórase a clasificación e denominación das definidas pola Unión Europea. Considérase que "as competencias clave son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego".

Este decreto baséase na potenciación da aprendizaxe por competencias, integradas nos elementos curriculares para propiciar unha renovación na práctica docente e no proceso de ensino e aprendizaxe. Propóñense novos enfoques na aprendizaxe e na avaliación, que van supor un importante cambio nas tare- fas que teñen que resolver os alumnos e as alumnas, e propostas metodoxi- cas innovadoras. Unha competencia supón a combinación de habilidades prác- ticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Xa que logo, as competencias considéranse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da partici- pación activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos non formais e informais; conceptualízanse como "un saber facer" que se aplica a unha diversidade de contextos educativos, sociais e profesionais.

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de ensino e aprendizaxe competencial débese abordar desde todas as materias de coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman a comunidade educativa, tanto nos ámbitos formais como nos non formais e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren nun determinado momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento mediante o cal os individuos van adquirindo maiores niveis de desempeño no seu uso.

Para lograr este proceso de cambio curricular cómpre favorecer unha visión interdisciplinar e, de xeito especial, posibilitarlle unha maior autonomía á función docente, de forma que permita satisfacer as demandas dunha maior personalización da educación. O papel do persoal docente é fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que os contidos están subordinados á acción.

As concrecións curriculares para os distintos bloques de materias, recollidas nos anexos,constrúense a partir dos criterios de avaliación, ligándoos cos demais compoñentes de cada materia. Os criterios de avaliación relaciónanse directamente cos estándares de aprendizaxe, que non son máis que concrecións dos propios criterios, e eses estándares conéctanse coas competencias clave. Por outra banda, os criterios de avaliación describen o que se pretende lograr en cada disciplina, e, neste sentido, os contidos non son is que os medios para os alcanzar.

En cada materia, os contidos agrúpanse en bloques, o que non supón unha secuencia nin implica unha organización pechada; pola contra, permite organizar de diferentes formas os elementos curriculares e adoptar a metodoloxíamáis adecuada ás características das aprendizaxes e do grupo de alumnos e alumnas a quen van dirixidos.

As competencias clave están ligadas a un desempeño eficaz nun contexto de- terminado. As situacións de aprendizaxe deseñadas para o seu desenvolve- mento deberán incorporar tarefas que contextualicen as aprendizaxes e que permitan avanzar en máis dunha competencia ao mesmo tempo. O enfoque metodoxico deberá sustentarse nas referidas situacións de aprendizaxe, coa finalidade de que os contidos se convertan en coñecementos aplicables con eficacia. Neste deseño é responsabilidade do centro docente e do profesorado a adecuada selección da metodoloxía, que deberá ser variada e adecuada ás características e aos ritmos de aprendizaxe dos alumnos e das alumnas.

As actividades de aprendizaxe integradas poden incluír elementos curriculares procedentes de distintos bloques. Á súa vez, estes elementos poderán formar parte de diferentes actividades e, co obxecto de mellorar os resultados, esas actividades poderán ter carácter interdisciplinar.

O feito de tratar simultaneamente, nunha mesma actividade, contidos de blo- ques distintos e, mesmo, de materias diferentes, halle permitir ao profesorado determinar a conveniencia de avaliar a totalidade ou só unha parte das compe- tencias clave relacionadas con cada estándar de aprendizaxe. Correspondera- lle ao centro docente velar por un tratamento equilibrado das competencias clave nas programacións didácticas.

A posta en práctica desta recomendacn  deu lugar á aprobacn polo Ministe- rio de Educación, Cultura e Deporte da Orde ECD/65/2015,  do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias,  os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato.

O bacharelato ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á educación superior. (Artigo 25. Finalidade)

A UNESCO considera que a materia de Filosofía, o saber máis antigo de Europa, é a ferramenta adecuada que debe servir a este fin. A filosofía forma unha cidadanía reflexiva, lúcida, participativa, amante das institucións democráticas e con habilidades prácticas na resolución dos problemas específicos das so-ciedades democráticas avanzadas.

A materia de Filosofía capacita o alumnado para o exercicio do pensamento crítico e independente, co que alcanzar unha mellor comprensión do mundo globalizado e de si mesmo/a. Grazas a esta materia, os alumnos e as alumas adquiren a aptitude de entretecer unha defensa racional e razoable da súa autonomía, da súa dignidade e dos seus dereitos nun contexto en vías de globalización.

O pensamento filosófico achega os coñecementos teóricos e as destrezas prácticas para entender, analizar e propor solucións aos desafíos intelectuais e morais do século XXI. Asemade, a materia de Filosofía ofrece os fundamentos conceptuais dos principios e dos valores da paz e da seguridade mundiais: democracia, imperio da lei, dereitos humanos, tolerancia, xustiza, igualdade e liberdade (a UNESCO nomea a Filosofía como "Escola de liberdade" na súa estratexia internacional e no informe de 2007). Os métodos filosófi-cos achegan enfoques plurais e contrastados que permiten albiscar saídas aos problemas que afectan a convivencia humana. A aprendizaxe do tratamento racional e dialogado destes asuntos disipa o recurso á violencia e á guerra, e fomenta a paz e a seguridade global e local.

En segundo lugar, a materia de Filosofía impulsa no alumnado o valor da indagación e a reflexión argumentada para descubrir prexuízos, xerar claridade respecto aos obxectivos e ao sentido da vida, valorar a calidade dos argumentos, detectar sofismas e falacias, resistir a presión arbitraria dos/das superiores e dos/das pares, atopar puntos de encontro entre posicións diferentes, humanizar as persoas con quen estamos obrigados/as a convivir. É por iso que o tratamento na aula desta materia ten que facer reflexionar ao alumnado sobre as razóns da presenza maioritariamente masculina na produción filosófica desde as súas orixes, ao tempo que debe dar visibilidade ao pensamento filosófico na muller.

A materia de Filosofía axuda a desmontar os argumentos das condutas baseadas nos valores da dominación e a vontade de poder que provocan crises ecolóxicas, económicas e humanas. A meditación filosófica esperta no alumnado o interese polas demais persoas, estimula a empatía para imaxinar os problemas que lles afectan e crea a capacidade para se emocionar moralmente. Mercé ao autocoñecemento que promove a filosofía, o alumnado pode chegar a recoñecer que a fraxilidade, a debilidade e a mortalidade non son aspectos negativos e odiosos da existencia humana, senón ocasións para a axu-da mutua, a cooperación e a reciprocidade.
En cuarto lugar, grazas aos modelos diversos de pensamento filosófico, a materia de Filosofía estimula a deliberación sosegada sobre as decisións que rexen a vida cotiá individual e colectiva, e impulsa a tomar iniciativas razoables. Nunha sociedade democrática avanzada, o alumnado debe formarse para aplicar o pensamento crítico á análise de principios económicos e políticos, sopesar teorías sobre a liberdade e a xustiza social, recoñecer a interacción dos fenómenos naturais e sociais, avaliar o impacto ético e social da tecnociencia e gozar con autonomía dos produtos artísticos. A materia de Filosofía propor-ciona a visión e a comprensión holística necesaria para realizar estas tarefas. O alumnado educado filosoficamente é, daquela, activo, curioso, argumentati-vo, creativo, comprometido e innovador.

Como se ve, a Filosofía como materia potencia o desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, por estar estreitamente vinculadas coa finalidade última de todo o seu proxecto. Pero nesa consecución precisa acudir á competencia en comunicación lingüística, que lle permite ao alumnado tanto a expo-sición dun pensamento rigoroso e claro como o diálogo frutífero coas demais persoas.

A competencia de aprender a aprender maniféstase na obriga intrín-seca do facer filosófico de xerar marcos de sentido cada vez máis complexos, globais e enriquecedores que nos permitan tratar cunha realidade plástica, multifacética e omniabarcante, realidade que provoca en nós a moi humana sensación de admiración. E nesa sensación, a Filosofía non está soa, xa que a matemática e a ciencia se nutren da mesma fonte, e a competencia neses saberes cobra máis luz cando se examinan desde o saber que na orixe foi un con eles. Pero non chega a admiración. Con ela aparece a curiosidade que só se satisfai cando polo sentido de iniciativa e o espírito emprendedor nos anima-mos á acción, á creación e á innovación.

O mesmo saber require atrevemento, ousadía, iniciativa, como nos lembra Kant. A competencia dixital capacita os alumnos e as alumnas para o uso das novas tecnoloxías que serven para traballar coa materia mesma da razón, o sentido, que se presenta baixo as dúas facetas da información e a comunicación. O percorrido da filosofía polos seus temas e pola súa historia brinda acceso, ao cabo, a un panorama de teorías, pensadores/as, correntes, ideas, argumentos, críticas e preguntas que conforman a trama onde se viñeron tecendo as expresións culturais que nos fan ser o que somos.

Tamén se abordan no currículo de Filosofía varios dos elementos transversais de etapa, os que atinxen basicamente ao espírito emprendedor e ao estudo dos proxectos empresariais, e á influencia que poden ter neles as achegas das ramas da filosofía.

Na materia de Filosofía, todas estas esixencias están aglutinadas en varios bloques temáticos: a especificidade do saber filosófico, o coñecemento humano, a pregunta pola realidade, a condición humana e a racionalidade práctica. A través destes bloques o alumnado coñecerá os interrogantes, os conceptos, as formulacións e as respostas da filosofía aos grandes problemas do saber, o coñecemento, a ciencia, a realidade, a natureza, o ser humano, a acción, a arte, o discurso e a innovación. Os contidos relacionados coa epistemoloxía, a filosofía da ciencia e da natureza, e a metafísica permiten afondar no coñecemen-to que o alumnado ten do seu contorno e da súa relación con el.

O alumnado desenvolve a competencia para interpretar sucesos, avaliar o seu impacto, localizar as súas causas, anticipar e prever as consecuencias, analizar os factores capaces de transformar a realidade. Así mesmo, invitan o alumnado a exercer o pensamento metódico (na ciencia, na ontoloxía e na metafísica) con rigor e precisión. Os contidos de antropoloxía, ética e filosofía política dan luz sobre a realidade individual, social e cultural; estimulan a autocomprensión e o autocoñecemento, espertan a capacidade de argumentación moral e política, desenvolven a conciencia normativa e a empatía moral, fomentan o respecto polos dereitos humanos, invitan á participación activa na vida democrática.

Os contidos de filosofía da linguaxe, lóxica, retórica e argumentación serven para educar a interpretación, a expresión, a formulación e a exposición do propio pensamento e do alleo en contextos comunicativos variados (deliberación, negociación, investigación, diálogo, controversia, discusión crítica e conversa informal), empregando con eficacia o razoamento lóxico e respectando as máximas que rexen a conduta racional comunicativa.

Os contidos de estética proxectan o alumnado a comprender, apreciar e valorar con espírito crítico reflexivo, actitude aberta e respectuosa, as diferentes manifestacións culturais e artísticas. A finalidade é apropiarse criticamente dun conxunto de criterios estéticos para estimar o valor da produción cultural e artística e, chegado o caso, producir obras artísticas innovadoras con contido filosófico.